Blog da Biblioteca do CEIP San Martiño

Salcedo-Pontevedra
____________________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 1 de xuño de 2015

CHEGAMOS ATA O MESMO ADN!!!!


Dentro das actividades que se realizaron este curso sobre o proxecto de biblioteca : AS MULLERES NA HISTORIA. Programouse o pasado 26 de maio a visita ao noso colexio da científica Inés Quintela, investigadora do grupo de Medicina Xenómica de Santiago de Compostela U.S.C. Dirixido polo catedrático de medicina legal Angel Carracedo.

Inés Quintela faloulle ao noso alumnado, de 2º de Primaria en diante,  sobre o libro da vida, e que, no fondo da nosa natureza, todos somos o noso ADN...

Despois fixeron algúns obradoiros, nos cales construíron cadeas de ADN e como se extrae o ADN dun alimento, neste caso, dos chícharos.

Foi un honor para o centro contar coa presenza desta científica e co seu compañeiro de laboratorio, tamén científico, que despertaron no noso alumando o interrese polo coñecemento e o traballo en equipo.

Grazas a eles e aquí deixamos unha reportaxe gráfica desta experiencia única.

martes, 19 de maio de 2015

 CORRELINGUA: DARLLE Á LINGUA, A ESPECIALIDADE DO CEIP SAN MARTIÑO


O venres, 15 de maio, tivemos a excursión do Correlingua, que é un acto que se celebra todos os anos para recordar que temos que falar en galego. Para algúns é a nosa excursión favorita, despois da de fin de curso.

Os autobuses chegaron cedo. En Pontevedra tivemos que andar un pouco ata chegar á Ferrería, todos iamos cantando o noso himno: “San Martiño! Plas! Plas! Plas! En galego! Plas! Plas! Plas!”
Cando chegamos á praza xa había bastantes nenos de diferentes colexios , e un home foi pasando lista para ver se estabamos todos. Comprobado isto, fóronnos chamando para que comezaramos a andar pola zona vella.
Á volta da camiñada merendamos mentres que un grupo de rock, que tiña moitos instrumentos, púxose a cantar e a tocar para que todos nos divertiramos. E, como cada un de nós levaba unha palabra, fixemos fotos formando frases como “Eu síntome galego”, “Eu son galega”, “Nós sentímonos galeg@s” …, frases así que animen á xente a falar galego, que, en realidade, para iso é o Correlingua.
Despois de merendar soltamos uns globos que tiñan unha mensaxe escrita para que, a onde chegaran, souberan que aquí falamos galego.
Como xa sabedes, o Correlingua non é un concurso e, polo tanto, ninguén gaña. Pero aínda así, e só por participar, agasalláronnos cuns libros para todo o cole.
Texto colectivo  quinto

 
MIRO MAGARIÑOS ESTIVO AQUÍ...


Co motivo da celebración da Semana das Letras Galegas, este xoves, día 14 de maio contaremos no centro coa compañía teatral de Miro Magariños, actor galego moi coñecido polas súas intervencións en varias series da TVG.
Poñerá en escena para todo o alumnado unha obra que leva por título MERLOS, e que se representará no noso salón de actos.

Esta actividade está organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Centro e conta ademais coa colaboración da ANPA, quen subenciona o cincuenta por cento do importe da mesma.




 

martes, 28 de abril de 2015

XI SEMANA DA LECTURA
AS MULLERES NA HISTORIA

LUNS, 20

MARTES, 21
MERCORES, 22 XOVES, 23 VENRES, 24

mércores, 25 de marzo de 2015

POÑENDO MÚSICA AOS POEMAS...
Estivemos  a traballar con poemas en galego nas aulas. Sempre é interesante adentrarse no mundo da poesía. Ela é a arte da palabra!

Desta vez tivemos ademais a sorte de poder disfrutar despois dun pequeno concerto que nos ofreceu o cantante e compositor, Héctor, que está a poñer música ao libro de poemas "Cousas de meu pai".
 Aquí deixamos estas imaxes do ben que o pasamos... 
 

martes, 24 de marzo de 2015

DOBRAXE NA ESCOLA!!!

O pasado día 17 de marzo, disfrutamos dunha actividade organizada no centro e patrocinada por Normalización Lingüística, que nos deu a oportunidade de achegarnos ao mundo da dobraxe. E así sucedeu todo...:
"Primeiro, utilizando os monicreques “Pelota Peluda” e “Raqueta Enriqueta” , os monitores fan un xogo dramático moi divertido no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe da mesma.
Acto seguido, ensaiamos “entre todos/as” un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. Probámolo e experimentámolo todos? Ben. Agora... Quen quere saír?
Xa temos os “dobradores”. Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio! Imos gravar! Gavamos e, moi sorprendidos, escoitamos o resultado. E se nos trabucamos non pasa nada: repetímolo e listo.
Con textos sinxelos e curtos escollidos para a ocasión os/as nenos/as son os protagonistas. Traballan co galego ao tempo que se divirten poñendolle voz aos seus personaxes favoritos. Os centros recibirán unha copia de todo o gravado. Material que se lles enviará unha vez rematada a edición."

venres, 6 de marzo de 2015

CELEBRAMOS A ROSALÍA...


 

venres, 27 de febreiro de 2015

O ENTROIDO 2015 ADICADO ÁS MULLERES SUFRAXISTAS!



Esta marabillosa festa, que se celebra todos os anos, é unha das nosas festas preferidas.  Encántanos porque mestura tres cousas que nos gustan: sen cole, disfrazarse, e saír cos teus amigos de festa.  E isto mesturado é: saír cos teus amigos disfrazados de festa sen cole. Que máis se pode pedir?
O entroido celébrase en moitos sitios, pero en Pontevedra temos algo moi especial:  Ravachol. Trátase de que hai moito tempo había un loro moi gracioso porque, na botica na que estaba el falábase moito de política, e cada vez que pasaba alguén, dicía algúns insultos que escoitara; o caso é que morreu en carnaval.  A partir dese día celébrase unha especie de “cerimonia”. Consiste en que todo home e muller vaia vestido de viúv@, e que miren a unha réplica en grande de Ravachol que sempre pon algo. Por exemplo, o outro ano foi vestido dun señor cunha tesoira como se estivesen facendo recortes. Nunca se sabe de que vai ir vestido ata o día en que se expón e se queima.
No colexio celebrámolo todos os anos. Este ano, o tema do entroido foi “As  Sufraxistas” , xa que foron moi importantes: foron mulleres que loitaron polo voto feminino e os dereitos da muller.
Para asistir ao colexio ese día tiñamos que ir con saia, tanto os nenos como as nenas.  Algúns nenos protestaban e dicían: “Iso é unha tontería, eu non penso levar saia“. Ao final, tanto os que se queixaban como os que non, fomos cunha saia longa.
Pasámolo moi ben xa que había oito talleres diferentes. Cada un  tiñamos una escarapela dunha cor diferente e, por exemplo, todos os que tiñan escarapela azul, tiñan que ir xuntos de obradoiro en obradoiro: de confección, de  maquillaxe, de plástica, de música (onde bailamos un baile daquel tempo),  cine (onde vimos una parte da película Mary Poppins), na biblioteca explicáronnos máis cousas sobre as mulleres sufraxistas, na aula de informática os máis maiores tivemos que axudar aos máis pequenos por se necesitaban axuda nalgún xogo e, no comedor, fixemos xogos relacionándoos co tema.
Foi un día moi atarefado e diferente, pero, aínda así,  pasámolo xenial!!!
                                                                               Alumnado de quinto


venres, 19 de decembro de 2014

O CEIP SAN MARTIÑO DESÉXALLES FELICES FESTAS E UNHA BOA ENTRADA NO NOVO ANO 2015!!!

mércores, 3 de decembro de 2014

O MAGOSTO


 O   M A G O S T O
Coma todos os anos por estas datas non podemos pasar sen celebrar a festa do MAGOSTO. Desta vez, tivemos que retrasala bastante por culpa da chuvia
Pasámolo moi ben,  divertímonos moito  cos xogos populares. Os de sexto foron os monitores coa supervisión dos profesores. As castañas asadas  estaban moi ricas, e  comémolas todas .
Os de 6º quedaron moi esgotados despois de facer de profesores por un día nos xogos, comprenderon a difícil tarefa de ser profesor, inda que lles gustou moito.

Adiviña

Alto estou,
barbas teño,
por unha risada
perdo canto teño.