Foi unha celebración de todo o centro cos obxectivos de ter un día divertido, de convivencia e de aprender un pouco máis sobre o noso proxecto anual que se está levando a cabo no colexio, o Camiño de Santiago. Por este motivo, o alumnado disfrazouse de peregrino e realizamos unha serie de obradoiros relacionados co proxecto, nos que traballamos de maneira cooperativa, desenvolvendo a imaxinación, a creatividade e o compañeirismo.
Cada unha destas aulas tiña deseñado un obradoiro para que o alumnado gozase do entroido dun xeito diferente, foron os seguintes:
-"Buscando o tesouro", que tivo lugar no patio do colexio.
-"Mochilas no camiño", onde realizaron diferentes xogos nos que o alumnado debía facer a mochila de peregrino.
-"O descanso do peregrino". Visualización dun powert point con diapositivas e un vídeo sobre o peregrino.
-"As camisetas do Camiño", neste obradoiro debuxaron unha cuncha de vieira nunhas camisetas de cor branca (que trouxeran previamente). Levarémolas postas na excursión a Santiago de Compostela!
-"Música para peregrinar", no que tocaron un folión coa profesora de música.
-"As cunchas do peregrino". Decoración e explicación de diferentes elementos do Camiño de Santiago.
-"Tinta invisible", no que pintaron con tinta invisible e con diferentes técnicas mensaxes secretas.
-"O Ravachol peregrino", onde fixeron as plumas para poñerlle ao Ravachol, que será incinerado á volta de vacacións.
Que disfraces máis chulos e divertidos! Para ver todas as fotografías, pinchade aquí.
1 comentario:
Éncantoume! Grazas por compartilo!
Publicar un comentario