Facer clic aquí para ver todas as fotografías: EXCURSIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA. |
mércores, 19 de xuño de 2019
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O mércores 5 de xuño foi de excursión a Santiago de Compostela o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria e o martes 11 de xuño, foi o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Quixemos facer esta excursión como a culminación do Proxecto de biblioteca, como xa sabedes, sobre o Camiño de Santiago.
Todo o alumnado do centro visitou a cidade de Santiago: con visita guiada ao Pórtico da Gloria da Catedral, Museo das Peregrinacións e visita polo casco vello da cidade no tren turístico!
O alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil atopou as súas mascotas da aula (Palmira e Popi) na Praza do Obradoiro. Que alegría levaron ao velas alí rematando o Camiño!
Aquí vos deixamos un vídeo destes fermosos días. Esperamos que vos guste.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario