Aquí podedes ver máis fotografías: GANAPÁN 2019. |
xoves, 6 de xuño de 2019
VISITAMOS O MERCADO MUNICIPAL DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.
O xoves 30 de maio, o alumnado de 6º de Educación Infantil visitou o Mercado Municipal de Abastos de Pontevedra.
Na ribeira do río Lérez, atópase o Mercado de Pontevedra, un lugar de intensa vida comercial. Reformado fai 16 anos, mantén integramente o seu encanto de mercado antigo coas escalinatas interiores de pedra e decenas de arcos que coroan este espectacular espazo do comercio pontevedrés.
A finalidade desta visita é ensinarlle ao alumnado o Mercado, o edificio e a xente que traballa nel, pero sobre todo o que os mercados
tradicionais supoñen: comercio de proximidade, produtos de calidade, achegando o sector primario aos nenos e nenas.
A
actividade consistiu en visitar a planta baixa do Mercado, primeiro andar, parando en diferentes postos de peixe, marisco, carne, queixos... rematando esta visita no espazo infantil O Ganapán, onde lles contaron o conto de "El pez arcoiris". Antes de marchar degustamos un riquísimo paté de mexillón!
Deixámosvos un vídeo deste día. Esperamos que vos guste!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario