xoves, 6 de xuño de 2019
O C.E.I.P. SAN MARTIÑO GAÑADOR DO PREMIO "DIS FRUT ARTE".
Seguimos de celebracións! Esta vez foron os alumnos e alumnas do Plan Madruga os gañadores do concurso DIS FRUT ARTE.
DIS FRUT ARTE, é un concurso intercolexial de Arume e Fanpa Pontevedra. Tivo lugar o xoves 30 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Nestas fotografías podedes apreciar a creatividade e imaxinación do alumnado, creando pratos con moita arte coas distintas froitas da tempada.
Parabéns ao alumnado polo seu traballo e grazas ao equipo de monitores e responsables das cociñas de Arume e a Fanpa!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario