Para ver todas as fotografías, facede click aquí.
Grazas Óscar e Sandra! Voltade cando queirades!
|
mércores, 1 de maio de 2019
CONTACONTOS POLA ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA-XUNTOS.
O alumnado de Educación Infantil recibiu hoxe, martes 30 de abril, a visita de Óscar e Sandra da Asociación Down Pontevedra Xuntos.
Contáronnos que a Síndrome de Down é o conxunto de características que se manifestan nunha persoa como consecuencia dunha alteración xenética: a presenza nas súas células dun cromosoma extra no par 21, é dicir, 47 cromosomas en lugar de 46. Estas características inflúen sobre a aprendizaxe e a conduta das persoas coa Síndrome de Down. Con esta visita o alumnado de Educación Infantil descubriu que non hai dúas persoas iguais e que todas as diferenzas nos enriquecen.
As nenas e nenos disfrutaron de varios contos e dunha curtametraxe relacionados co respecto ás diferenzas. Gozamos moito desta xornada tan enriquecedora!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario