Para ver todas as forografías, facede click aquí. |
mércores, 1 de maio de 2019
O ALUMNADO DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITA O ALBERGUE DE PEREGRINOS!
O venres 26 de abril o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou o Albergue de Peregrinos de Pontevedra.
Tino Lores (Presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués) recibiu aos nenos e nenas e comezou explicándolles o funcionamento do albergue, púxolles o selo do albergue e inscribíronse no libro de rexistro.
Fixeron un percorrido polas instalacións: comedor, cociña, oficina, lavandería, habitacións, aseos... e probaron as liteiras dos peregrinos.
Finalmente fixeron o último tramo do camiño dos peregrinos cando chegan ao albergue de Pontevedra.
Grazas ao persoal do albergue por recibirnos unha vez máis!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario