O xoves, 2 de maio o alumnado de 6º de Educación Infantil foi de visita a Pontevedra.
Primeiro merendaron no parque de Campolongo e logo, Roberto, fíxonos unha visita guiada pola Zona Vella, contándonos como era a nosa cidade hai moito tempo, ademais de moitas outras curiosidades.
Querémosvos contar algunhas das cousas que vimos!
Comezamos na Igrexa da Peregrina, alí descubrimos que se fixo copiando a forma dunha vieira!
Seguimos camiñando cara á Praza da Ferrería, onde antigamente vivían os que traballaban deste oficio. Praza da Estrela, onde antes era correos e viaxaban en carros de cabalos, un deles chamábase Estrela e daí o nome da praza. Casa das Caras, caracterizada polos catro bustos renacentistas do século XVI, que adornan a súa fachada no piso superior, onde descubrimos a Alfonso X O Sabio.
Continuamos o roteiro pola
Praza da Leña,
Igrexa de San Bartolomeu e ou seus contrafortes;
Praza da Verdura, onde tivo lugar o primeiro mercado da nosa cidade;
Praza de Méndez Núñez e
Fonte dos Tornos.
Finalizamos o percorrido na Praza da Pedreira ou Mugartegui, onde puidemos ver un reloxo de sol. Esta é a praza máis silenciosa de toda a cidade, pechando os ollos imaxinamos que estabamos na Pontevedra da Idade Media!
Divertímonos moito coñecendo todas estas curiosidades da historia da nosa Pontevedra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario