Un ano máis, o alumnado de Educación Infantil do C.E.I.P. San Martiño, acudiu o xoves 16 de maio ao CORRELINGUA.
Con esta marcha e coas actuacións musicais quixemos
visibilizar e reivindicar o uso da lingua galega. O galego non é so un instrumento de comunicación se non tamén, é parte da nosa historia e cultura.
Este ano o lema foi "O galego é a fórmula"!
Luis O Caruncho foi o encargado de presentar este Correlingua 2019.
Fixemos un percorrido polo casco antigo de Pontevedra, completándo-se cunha serie de actos culturais e festivos.
Este percorrido saíu da Praza da Ferraría, regresando máis tarde á mesma, para merendar e gozar da actuación dun dos grupos gañadores do Cantalingua:Paulinha. Alí bailamos e cantamos! Pasámolo xenial!
Para finalizar este Correlingua 2019,
Carmen e
Álvaro subiron ao escenario para recoller un agasallo que nos tiñan preparado: uns contos (que xa forman parte da biblioteca do C.E.I.P. San Martiño) e un globo! Moitas grazas! Cando todos os colexios que formaron parte do Correlingua tiveron o seu globo, soltámolos, quedando a Praza da Ferrería deste xeito.
Deixámosvos un vídeo para que olledes o ben que o pasamos bailando ao ritmo de
Paulinha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario